|
28/5/07.— A expectación era máxima na sede do Bloque Nacionalista Galego de Lugo. Dende o peche dos colexios, ás oito da tarde, a vista estaba posta nos ordenadores que seguían o escrutinio. Nervios, ilusión, optimismo moderado. Os bos presaxios da primeira hora da noite non se confirmaron ata pasadas as 11 da noite, co 100% escrutado. O BNG fora o gran vencedor das eleccións en Lugo, incrementando os seus votos nun 18% e convertíndose en forza determinante para os vindeiros catro anos. |
|
Ler máis...
|
|
|
25/5/07.— O candidato do BNG á alcaldía, Xosé Anxo Laxe, pediulles hoxe aos cidadáns de Lugo que “comparen simplemente” antes de ir a votar a “propaganda sen resultados destes catro anos de maioría absoluta” e a “xestión eficaz que o BNG fixo no Goberno no anterior mandato”. No transcurso dun mitin de peche de campaña en Albeiros, o candidato nacionalista afirmou que “o único voto útil en Lugo o vindeiro domingo é o voto ao Bloque Nacionalista Galego porque o BNG é a garantía dun bo Goberno”, afirmou Xosé Anxo Laxe. |
|
Ler máis...
|
|
|
17/7/07.— “Por compromiso coa transparencia e coa información aos veciños”. Deste xeito anunciou hoxe a concelleira e responsable local do BNG, Paz Abraira, unha iniciativa novidosa que o BNG puxo en marcha: o envío a todos os domicilios de Lugo, tanto da zona urbana como da zona rural, dun boletín informativo cos pormenores da negociación co PSOE. Tres días despois de que se pechara o pacto de Goberno entre BNG e PSOE para a Deputación de Lugo, os nacionalistas queren explicar aos cidadáns da capital, neste boletín do que se imprimiron 42.000 exemplares e que empezará a chegar aos domicilios a partir de mañá, por que na cidade de Lugo este acordo non foi posible. |
|
Ler máis...
|
|
|
29/6/07.— O Bloque Nacionalista Galego analizou hoxe o novo escenario político da cidade de Lugo logo da rotura das negociacións entre BNG e PSOE para formar goberno. O voceiro do BNG no Concello de Lugo, Xosé Anxo Laxe, anunciou hoxe que o BNG exercerá a oposición “de xeito responsable” porque “o BNG prefire estar na oposición con dignidade antes que ter que entrar nun goberno de xeonllos, secuestrados”, xa que, dixo, “non queremos convertirnos en servos de ninguén”. |
|
Ler máis...
|
|
|
28/6/07.— O Bloque Nacionalista Galego responsabilizou hoxe “directamente” a Orozco de que non haxa pacto de Goberno en Lugo, logo de que na sétima reunión, celebrada hoxe, quedaran rotas as negociacións. O responsable comarcal do BNG e voceiro nacionalista nas conversas, Xesús Méndez, afirmou que “Orozco foi en todo momento a sombra que planeou sobre as negociacións e que impediu que ao final se chegase a un acordo”, despois de que onte este parecera posible. Xesús Méndez explicou que os negociadores socialistas pediron onte un receso de 24 horas para consultar o pacto con Orozco, que se autoexcluíu dende o primeiro momento das conversas, e que, despois desa consulta, “o que onte parecía posible hoxe volveuse imposible”. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
| Resultados 1 - 5 de 59 |