Xose Anxo Laxe
Candidatura
 
A candidatura do BNG no Parque Rosalía
 
O BNG presenta unha lista renovada cunha media de idade de 39 anos, con 13 mulleres e 12 homes e que combina a experiencia de Xosé Anxo Laxe e Antón Bao, actuais voceiros do BNG no Concello e na Deputación, respectivamente, nos dous primeiros postos. A candidatura representa unha aposta de futuro para afrontar os retos que se lle presentan ao Bloque Nacionalista Galego. O BNG presenta un equipo preparado, con capacidade, formación e gañas de traballar.

A renovación na lista chega ao 85%. Só repiten catro persoas con respecto á candidatura do 2003. Unha delas será a actual delegada de Vicepresidencia, Branca Rodríguez Pazos, que encabezou a lista do 2003 e que pecha a candidatura. Ademais de Branca Rodríguez Pazos, repiten o propio Xosé Anxo Laxe, que figurou no número catro da candidatura do 2003, Xosé Chorén, que na actualidade dirixe a oficina de Correos da Milagrosa e que ocupará o número cinco da lista, e Xosé Lois Devesa, que é enxeñeiro agrícola e vicerresponsable local do BNG en Lugo, e que tamén figuraba na lista do 2003.

Ademais da delegada de Vicepresidencia, figura tamén outro cargo da Xunta, concretamente o xefe provincial de Deportes, Eduardo Fernández Abel, que ocupará o número sete. No número tres figura a responsable local do BNG en Lugo, Paz Abraira, no número catro Cristina Ferreiro, que é ATS no centro de saúde Illas Canarias, e de seis irá Teresa Rodríguez López, profesora de Zooloxía na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo. Nos 10 primeiros postos figura tamén a abogada Belén Rodríguez e Luis Alberte Blanco Rivadulla, presidente da ANPA do colexio Illa Verde de Fingoi.

A lista do BNG será unha lista con máis mulleres que homes e na que a persoa máis nova, Román Sánchez, cumprirá os 18 anos uns días antes das eleccións. Na candidatura nacionalista figuran tanto persoas que residen en distintos barrios da cidade, como persoas de distintas parrroquias da zona rural do concello, así como dos ámbitos económicos, sociais, culturais ou deportivos.

Aquí podes consultar o currículum das persoas que conforman a candidatura do Bloque Nacionalista Galego.

1.- Xosé Anxo Laxe Suárez
2.- Antón Bao Abelleira
3.- Paz Abraira Sobrado
4.- Cristina Ferreiro López
5.- Xosé Chorén Vázquez
6.- Teresa Rodríguez López
7.- Eduardo Fernández Abel
8.- Belén Rodríguez Álvarez
9.- Luís Blanco Rivadulla
10.- Carme Pérez Árias
11.- Xosé Lois Devesa Novo
12.- Chelo López Sarceda
13.- Román Sánchez
14.- Victoria Yáñez Álvarez
15.- Pedro Pedrouzo Devesa
16.- Marisa Canto Reboredo
17.- Paco Novo Vázquez
18.- Esther García López
19.- Víctor Otero Vázquez
20.- Mercedes Mourenza Fdez.
21.- Lois Manoel Toirán Vázquez
22.- Esther López Rodríguez
23.- Carme Longarela Pena
24.- Teo García Rodríguez
25.- Branca Rodríguez Pazos


 
© 2010 xoseanxolaxe.com
BNG-Lugo: Rúa Miguel de Cervantes 34 entrechán - Tel: 982 28 04 10
Esta páxina foi feita con Joomla!, software libre baixo licencia GNU/GPL.